lunes, 4 de marzo de 2024

MULLERES PARA LER

Xa falta moi pouco para o 8 de marzo, data na que se celebra o Día Internacional da Muller. Dende Biblioaventuras, recomendamos unha serie de lecturas nas que a muller e a igualdade de xénero son as grandes protagonistas.

Agardamos que gocedes con elas. Seguro que vos farán reflexionar!

"A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" 

  (Editorial Kalandraka), escrito por Adela Turín e ilustrado por Nella Bosnia

Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. 


O LIBRO DOS PORCOS

 (Editorial Kalandraka), escrito por Browne Anthony  e traducido por Xosé Manuel González)

Un libro que convida á reflexión sobre as relacións familiares, o machismo e os estereotipos de xénero.



BONITAS
(Editorial Astronave), escrito por  Stacy McAnulty, Joanne Lew - Vriethoff)

Cada moza é única, enxeñosa, adorable… A beleza non está no exterior senón en conseguir retos, mostrar amabilidade e contaxiar a risa. Este libro anima ás mulleres a abrazar aquilo que lles gusta e a desenvolver o seu inacabable potencial.


Outras lecturas recomendadas: