martes, 22 de septiembre de 2026

CLUB DE CINE

 



Na nosa primeira reunión do club de cine, estivemos a falar das nosas películas favoritas. Concluímos que nos gustan unha gran variedade de xéneros. Algunhas das favoritas son: Harry Potter
Pai non hai máis que un O Rei León Amigos imaxinarios... Cada semana iremos descubrindo algunha delas.

SOMOS UN EXPERTO

 

A semana pasada na biblioteca escolar contamos coa exposición de Martiño, alumno de sexto de primaria , sobre a primeira Guerra Mundial.
Foi unha charla moi amena onde aprendemos unha chea de cousas.
Moitas grazas Martiño.










miércoles, 9 de septiembre de 2026

CURSO 26/27

 Benvidos a un novo curso cargado de novas aventuras.

Este curso na biblioteca escolar...





 

miércoles, 13 de mayo de 2026

REPRESENTACIÓN TEATRAIS

 

Continuamos coas minis representacións teatrais a cargo do alumnado de sexto de primaria.

 Aproveitando unha actividade de aula realizada na área de inglés , compartiron co resto do alumnado a mesma. Pequenos curtos que sucedían na consulta do médico.

Moitas grazas, nenos e nenas. 

Un gran traballo

martes, 28 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO


 Con motivo do día do libro, na biblioteca realizouse unha lectura colectiva do Quixote. 

Na devandita lectura participou alumnado desde segundo ata sexto de primaria. Visualizamos tamén a canción da serie Don Quixote da Mancha adaptada con pictogramas