viernes, 8 de marzo de 2024

FELIZ DÍA DA MULLER!

 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



Conmemoramos este día cun fragmento da obra "Remol", do escritor galego Manuel María, adicado a todas as mulleres galegas:

As mulleres galegas -labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia
non foron cantadas
polos poetas cultos e premiados,
pechados nas súas torres de almasí:
eles, tan sensibles, non podían
adicarlles rondós e madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos requintados,
deprendidos en colexos elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en sociedade ...