lunes, 23 de marzo de 2026

RADIO ESCOLAR

 Chegou ao noso centro a radio escolar.

A instalación do equipo atópase nunha parte da biblioteca do noso centro.

Parte do alumnado empezou a facer uso da radio nas súas aulas e o equipo de biblioteca non podía ser menos e apuntámonos a esta nova aventura.

Aos poucos iremos gravando postcast que subiremos para que poidades gozar do gran traballo  dos vosos fillos e fillas.

Espero que vos guste e  que desculpedes os nosos erros técnicos que prometemos ir mellorando.