Convertemos dous días á semana a nosa biblioteca escolar nunha pequena cidade.
Contamos cun banco, servizo de vixilancia e distintas tendas creadas e xestionadas polos nenos e as nenas.
Os traballadores e traballadoras do banco alumnado de quinto e sexto de primaria estableceron un sistema de rexistro das tendas da cidade así como unha liña de crédito para axudar aos emprendedores.
Algo incrible!

