A nosa biblioteca é tamén unha fonte de transmisión de coñecemento. Esta vez, foron alumnas de quinto de primaria que compartiron os seus coñecementos sobre "MITOLOXÍA GREGA" co resto do alumnado. Quedamos súper sorprendidos con todo o que aprendemos e co coloquio posterior .