Esta semana o alumnado de sexto de primaria foi o encargado de realizar as representacións dos xoves de teatro.
miércoles, 28 de mayo de 2025
XOVES DE TEATRO. AT THE DOCTOR'S OFFICE
O idioma escollido foi o inglés.
Fixérono xenial e o público divertiuse unha chea.
miércoles, 21 de mayo de 2025
MITOLOXÍA GREGA
A nosa biblioteca é tamén unha fonte de transmisión de coñecemento. Esta vez, foron alumnas de quinto de primaria que compartiron os seus coñecementos sobre "MITOLOXÍA GREGA" co resto do alumnado. Quedamos súper sorprendidos con todo o que aprendemos e co coloquio posterior .
domingo, 11 de mayo de 2025
XOVES DE TEATRO. XUNTAS PODEMOS
Segunda representación da obra de teatro titulada: "Xuntas podemos" por parte un grupo de alumnas de quinto de primaria.
Ámbalas representacións foron un éxito, cun cheo total.
Moitas grazas mozas, polo voso fantástico traballo
e a vosa implicación.
jueves, 3 de abril de 2025
A BIBLIOTECA NO NOSO TEMPO DE LECER
Bailar, xogar, divertinos, ler, facer traballos, ver vídeos...
Cada día unha aventura diferente.
LIBROS RECOMENDADOS
Se non sabes que libro ler, pasa pola biblioteca, mira os libros recomendados e axudámosche a escoller
A NOSA ÁRBORE DE NADAL
DARLLE UNHA SEGUNDA VIDA OS NOSOS LIBROS
PRIMEIRO FOI ÁRBORE DE NADAL , AGORA A ÁRBORE DOS NOSOS DESEXOS.
XOVES DE TEATRO
Recolle a túa entrada o mércores na biblioteca para poder asistir a unha representación teatral. Está a ser un éxito!
A nosa primeira obra leva por título: " A que sabe a lúa".
Representación realizada polo alumnado de 4ºA coordinados pola súa
mestra Belén.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)